Thursday 02 de May de 2024

Medio centenar de novas empresas solicitan a achega do programa Cambre Emprende, que cubre o primeiro ano de autónomos


Segundo a concelleira de Desenvolvemento Socioeconómico, Leonor Fernández, consolídase o número de empresas que se crean cada ano no termo municipal, mesmo este ano aumentou lixeiramente

Concluído o período de solicitudes do Cambre Emprende, programa municipal de axudas á creación de empresas no Concello de Cambre, o número de peticións rolda o medio centenar. En canto ao tipo de iniciativas empresariais, destaca a aposta no sector servizos e comercio, e varios emprendedores que enfocaron a súa idea de negocio cara ás novas tecnoloxías.

Segundo a concelleira de Desenvolvemento Socioeconómico, Leonor Fernández, consolídase o número de empresas que se crean cada ano no termo municipal, mesmo este ano aumentou lixeiramente.

A finalidade deste programa é contribuír á posta en marcha de novos proxectos empresariais no Concello de Cambre, que faciliten a creación do seu propio posto de traballo para as persoas desempregadas que os leven a cabo.

Trátase de contribuír á posta en marcha de novos proxectos empresariais emprendidos no Concello de Cambre, con independencia da súa forma xurídica, que faciliten a creación do seu propio posto de traballo para as persoas desempregadas que os leven a cabo.

As axudas están destinadas a cubrir a seguridade social no Réxime especial de traballadores/as por conta propia ou autónomos/as (RETA) ou as mutualidades dos colexios profesionais.

Mantense o obxectivo das axudas en relación co 2012, 2013, 2014 e 2015, é dicir, a cobertura das cotas correspondentes á alta no Réxime Especial de Traballadores/as por conta propia ou Autónomos/as (RETA) ou nalgunha mutualidade dos colexios profesionais.

A axuda exténdese aos 12 primeiros meses da actividade, xa que este período é especialmente crítico no inicio da actividade.